Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2013 pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia das resolucións ditadas nos expedientes administrativos sancionadores incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (LEG), por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido practicar (expediente SANC/5/12 e dous máis).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora en materia de estradas que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións, ademais de impoñer sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «resolución sancionadora»), acordouse ordenar tamén a restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción no prazo sinalado en cada resolución, contado desde a notificación (artigo 47.3 LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4 LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Intentada a notificación persoal destas consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, emprázanse os interesados que se indican no anexo para seren notificados por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia, que poderán realizar os interesados, deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo da Delegación da Axencia na provincia correspondente.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora non esgota a vía administrativa e que se pode interpoñer recurso de alzada ante o presidente da Axencia. O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ao do final do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia do interesado, de ser o caso.

A sanción imposta deberá facerse efectiva mediante ingreso en calquera oficina da entidade financeira BBVA, conta corrente operativa da Axencia Galega de Infraestruturas, 0182 5947 11 0201503156, NIF Q1500376G; e, de non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, consonte regula o artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que lles conste e sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2013

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente: SANC/5/12. Ref. Bis: 257/11.

Denunciada: Laura Bravo.

Último enderezo coñecido: lugar da Lagoa. Sobrán. Vilagarcía de Arousa.

Feito denunciado: construír muro de cerramento.

Data, estrada, p.q.: 7.9.2012; PO-549; p.q. 2+670.

Resolución: caducidade.

Expediente: SANC/53/12. Ref. Bis: 97/12.

Denunciada: Muebles Reigosa, S.L.

Último enderezo coñecido: Reigosa, 71. Ponte Caldelas.

Feito denunciado: instalar cuberta sen autorización.

Data, estrada, p.q.: 7.2.2011; PO-532; p.q. 5+850.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/56/12. Ref. Bis: 102/12.

Denunciado: Siro Illán Yeguas.

Último enderezo coñecido: Galicia, 12-3º Q, Salvaterra de Miño.

Feito denunciado: instalación de poste en zona de servidume.

Data, estrada, p.q.: 10.4.2012; PO-408; p.q. 0+740.

Resolución: sancionadora.