Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2013 pola que se notifica o Acordo do 2 de agosto de 2012 que fixa o prezo xusto do predio número 27 sito en Carral, relativo ao proxecto 00962 (expediente 2011/003333).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula a Concepción Vázquez Ríos o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 2 de agosto de 2012, que fixa o prezo xusto do predio número 27 sito en Carral, relativo ao proxecto 00962, expediente 2011/003333, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpor ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00962-ampliación e mellora da CP 2101 p.q. 23,7 estrada da Coruña a Santiago-As Travesas, do p.q. 0,000 ao 2,400.

Nº de expediente: 2011/003333.

Persoa a quen notificar: Concepción Vázquez Ríos.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Expropiada: Concepción Vázquez Ríos.

Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.

Predio nº: 27.

Concello: Carral.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do Xurado: 4.615,91 €.