Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2013 pola que se notifica o Acordo do 11 de outubro de 2012 que fixa o prezo xusto do predio número 3 sito en Santiago de Compostela, relativo ao proxecto 00946 (expediente 2010/004095).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar, mediante a presente cédula, a María Luísa Pasín Mato o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 11 de outubro de 2012 que fixa o prezo xusto do predio nº 3 sito en Santiago de Compostela, relativo ao proxecto 00946, expediente 2010/004095, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata ser resolto o recurso de reposición ou se entendera presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está a dispor da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00946-acceso ao SUP-2 (Cornes) desde a rúa García Prieto. TM Santiago de Compostela.

Nº de expediente: 2010/004095.

Persoa a notificar: María Luisa Pasín Mato.

Expropiante: Concello de Santiago de Compostela.

Expropiado: Comunidade Hereditaria de Jesús López Moure.

Beneficiario: Concello de Santiago de Compostela.

Predio nº: 3.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 20.943,05 €.