Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal deste concello.

O Concello Pleno, na sesión realizada o 20 de decembro de 2012, acordou:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal do concello de Val do Dubra, elaborado pola empresa Eptisa, no cal se inclúe o informe de sustentabilidade ambiental (ISA).

Segundo. Someter o dito plan xeral a información pública, por un prazo de dous meses, efectuando a publicación dos anuncios correspondentes no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia (El Correo Gallego e La Voz de Galicia). Para estes efectos o período de información pública rematará transcorridos os dous meses desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo todas as persoas interesadas poderán facer uso do seu dereito a consultar os documentos nas dependencias do Concello de Val do Dubra e presentar as alegacións escritas oportunas, en horario de oficina.

Simultaneamente ao trámite de información pública o Concello solicitaralles ás administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios e que deberán ser emitidos no prazo máximo dun mes, agás que a lexislación sectorial sinale outro prazo.

Así mesmo, e durante o prazo de información pública, daráselles audiencia aos municipios limítrofes.

Enviar ao órgano ambiental a documentación completa do plan, unha vez transcorrido o período de consultas e información pública e con carácter previo á aprobación provisional ou á definitiva cando a provisional non sexa preceptiva.

Terceiro. Suspender de conformidade co sinalado no artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e con carácter xeral, o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento en que as novas determinacións supoñan unha modificación da ordenación urbanística vixente. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

Val do Dubra, 22 de xaneiro de 2013

Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde