Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes 11150053/2008 e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo dun mes, contado a partir do seguinte á notificación da resolución, no que poderán interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante ao órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150053/2008.

Interesado: Jesús Cernadas Pérez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150069/2008.

Interesada: María Orosita Blandina Trillo Lago.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150116/2008.

Interesada: María Rodríguez García.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150143/2008.

Interesado: Manuel Maceiras Hermida.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150144/2008.

Interesada: María Gloria Fernández Esparís.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150148/2008.

Interesado: Jesús Fernández Senra.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150239/2008.

Interesado: Manuel Pena Canosa.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150263/2008.

Interesado: Manuel Maceiras Hermida.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150276/2008.

Interesado: Manuel Castro Lema.

Acto de notificación: resolución.