Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3988

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de información pública sobre edificación para oficina, almacén e pequeno taller de reparación para maquinaria agrícola en Barroso (Sisán).

José Piñeiro Chaves solicitoulle a esta alcaldía licenza municipal para a construción dunha edificación para oficina, almacén e pequeno taller para maquinaria agrícola no lugar do Barroso, parcela 3, parroquia de Sisán e concello de Ribadumia.

Este proxecto de edificación para oficina, almacén e pequeno taller de reparación para maquinaria agrícola encaixa no disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, e sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola obra e pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o proxecto, na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Este prazo de vinte (20) días comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, e colocarase no taboleiro de edictos do concello.

Ribadumia, 14 de xaneiro de 2013

Mª Salomé Peña Muñiz
Alcaldesa