Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3993

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2013, da Vicepresidencia Executiva, pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, fanse públicos os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

Asinantes coa Fundación Deporte Galego

Obxecto do convenio

Data de sinatura

Importe comprometido

Centro de Investigación Biomédica en Red Fisiopatología de la Obesidad y Nutrición (Ciberobn)

Desenvolvemento de actividades de carácter investigador, divulgador e informativo, preferentemente no marco do Plan galego para o fomento da actividade física Galicia saudable

25.9.2012

0 €

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2013

José Ramón Lete Lasa
Vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego