Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2013, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 27 de decembro de 2012, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-218/12, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luís Martínez Sieira; os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co establecido no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a resolución do presente procedemento por infracción leve corresponde á titular da Xefatura de Servizo de Turismo da Coruña.

A resolución deste procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para presentaren ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formularen alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

Coruña, 23 de xaneiro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-218/12.

Denunciada: Real Preve, S.L.

CIF: B70005129.

Establecemento: Pub Pompón I.

Enderezo: Ogas, 27, Cambeda.

Localidade: Vimianzo.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, letra a), da Lei 7/2011.

Incoación: 27 de decembro de 2012.

Sanción: multa de cen euros (100 €).