Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3605

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo autónomo no terceiro cuadrimestre de 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia número 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2012 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2013

Manuel Borobio Sanchiz
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio
no terceiro cuadrimestre do ano 2012

Convenio

Importe total do convenio (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración e cooperación entre o Concello de Santiago de Compostela e a Administración xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para a coordinación e o intercambio en materia de información xeográfica e territorial a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET).

Sen achega económica

12.9.2012

Convenio de cooperación entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Instituto de Estudos do Territorio (IET), a entidade pública empresarial Augas de Galicia e Endesa Generación, S.A., para a preparación e o impulso do Plan territorial integrado da bacía hidrográfica do río Eume.

300.000 €

1.10.2012

Convenio de colaboración e cooperación entre o Concello das Pontes de García Rodríguez e a Administración xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para a coordinación e o intercambio en materia de información xeográfica e territorial a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET).

Sen achega económica

20.11.2012

Convenio de colaboración e cooperación entre o Concello de Ortigueira e a Administración xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para a coordinación e o intercambio en materia de información xeográfica e territorial a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET).

Sen achega

económica

20.11.2012