Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha propietaria da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar) para ser notificada dunha resolución que lle afecta.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal e ao non ser posible esta, emprázase a Pilar Platas Mellid, propietaria nº 237 da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar, A Coruña), para ser notificada por comparecencia da Resolución do 30 de maio de 2012, do director xeral de Desenvolvemento Rural, que lle afecta.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

De transcorrer o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña