Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3589

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Título

Data sinatura

Importe

Convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Xinzo de Limia para a realización de obras na Casa de Cultura e Xuventude do concello.

4.9.2012

340.500,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Xinzo de Limia para a realización de obras na Casa da Cultura e Xuventude do concello.

14.12.2012

340.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas dos estudantes do grao en Humanidades.

28.9.2012

0,00 €

Convenio de cooperación cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Rosalía de Castro para a realización de obras e acondicionamento na Casa Museo Rosalía de Castro, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

2.10.2012

202.200,55 €

Convenio de colaboración cultural entre a Xunta de Galicia e a Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque para a edición de dous libros e un disco con motivo da celebración do centenario do nacemento de Eugenio Granell.

10.10.2012

20.324,60 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Bispado de Ourense para a restauración do órgano da catedral de San Martiño de Ourense.

15.10.2012

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas dos estudantes do máster oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas.

15.10.2012

0,00 €

Protocolo xeral de colaboración entre as consellerías competentes en Cultura e Turismo das comunidades autónomas de Galicia, La Rioja, Navarra e Castilla y León para a coordinación de actividades con motivo do vixésimo aniversario da declaración como patrimonio mundial do Camiño de Santiago Francés.

16.10.2012

0,00 €

Convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Xinzo de Limia para o acondicionamento do edificio cultural que alberga o Museo do Entroido, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

24.10.2012

307.627,12 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Xinzo de Limia para o acondicionamento do edificio cultural que alberga o Museo do Entroido, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

28.12.2012

307.627,12 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas do alumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

22.11.2012

0,00 €

Addenda ao convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela para a realización de obras e equipamentos en infraestruturas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

28.12.2012

4.558.696,73 €

Convenio de colaboración entre as Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ferrol para dotar de equipamento escénico o Auditorio de Ferrol, cofinanciado polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

17.4.2012

884.981,00 €

Addenda ao convenio de colaboración asinado entre as Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ferrol para dotar de equipamento escénico o Auditorio de Ferrol, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

28.12.2012

884.981,00 €