Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3611

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2013, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspector farmacéutico, pola que se da publicidade ás puntuacións definitivas dá fase de concurso e se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

O número 5 da base sexta B) da Resolución do 27 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 149, do 5 de agosto), pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, dispón que, á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada, o tribunal publicará a relación de aspirantes pola orde de puntuación acadada, así como os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as, e elevará esta relación á autoridade convocante.

De conformidade co disposto na indicada base, este tribunal,

ACORDA:

Primeiro. Publicar nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, así como na páxina web www.sergas.es, a puntuación definitiva obtida polas/os aspirantes da clase de inspector farmacéutico, no proceso selectivo convocado por Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG nº 149, do 5 de agosto).

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes definitivamente seleccionadas/os por orde de puntuacións obtidas e elevar a devandita relación á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, para os efectos de que as/os aspirantes que figuren nela sexan propostas/os para o seu nomeamento como funcionarias/os de carreira.

Terceiro. Co fin de verificar o cumprimento dos requisitos previstos na base segunda, no seu punto 1, números 3 e 4 da resolución de convocatoria, as/os aspirantes definitivamente seleccionadas/os deberán presentar, inescusablemente, a seguinte documentación no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separadas/os mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública, nin estar inhabilitadas/os por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. No caso dos nacionais doutros Estados, non estar inhabilitadas/os, por sanción ou pena, para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin estar separadas/os por sanción disciplinaria dalgunha das súas administracións ou servizos públicos.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da clase que deriven do correspondente nomeamento.

A documentación dirixirase á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

As persoas aspirantes que, dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación exixida non poderán ser nomeadas funcionarias de carreira da respectiva clase e anularanse todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Esta resolución poderá ser impugnada polas/os interesadas/os nos termos previstos no número 3 da base oitava da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013

Luis Cadórniga Valiño
Presidente do tribunal

ANEXO

Apelidos e nome

Acceso

DNI

Oposición

Concurso

Total

1

Mª Begoña Rocha Blanco

L

33310531E

132,000

80,000

212,000

2

Elia Rodríguez Costa

L

33991472W

133,00

28,600

161,600

3

José Eugenio Ces Gens

L

33259976K

134,500

0,000

134,500