En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter o Proxecto sectorial para o ramal MOP=16 bar Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño, promovido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ao procedemento establecido no seu artigo 7.
Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1473/2012.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2013
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental