Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 26 de decembro de 2012, do presidente de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Fomento de Iniciativas Náuticas, S.L. de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Viveiro para a explotación de instalacións náutico recreativas (expediente 14-07-12-C-2).

O 11 de decembro de 2012 o presidente de Portos de Galicia adxudicou á empresa Fomento de Iniciativas Náuticas, S.L. o procedemento aberto (sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Viveiro para a explotación de instalacións náutico recreativas, segundo documentación técnica relativa ás referencias técnicas da explotación (sobre 2).

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web: http://www.portosdegalicia.es/

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia