Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3501

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (360/2012).

María del Carmen Álvarez Iglesias, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, anuncia que neste procedemento de xuízo verbal 360/2012, seguido por instancia de Susana Teijeiro Gorgoso fronte a Abel López Rodríguez e Roberto López Caldas, se ditou sentenza que é como segue:

«En nome da súa maxestade o rei

Cristina Díaz Rodríguez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria e o seu partido xudicial, dita a seguinte sentenza:

Sarria, 30 de outubro de 2012

Vistos por Cristina Díaz Rodríguez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria, os autos de xuízo verbal 360/2012, en que son partes a demandante Susana Teijeiro Gorgoso, representada pola procuradora Ana María López Vila e asistida pola letrada señora Rodríguez Fernández, e os demandados Abel López Rodríguez e Roberto López Caldas, declarados en rebeldía.

Resolución:

Estimo integramente a demanda interposta pola procuradora Ana María López Vila, en nome e representación de Susana Teijeiro Gorgoso, contra os demandados Abel López Rodríguez e Roberto López Caldas, condenándoos solidariamente a que aboen á demandante a cantidade de dous mil seiscentos corenta e cinco euros con cincuenta céntimos (2.645,50 euros), así como os xuros legais correspondentes ata o efectivo pagamento, ademais dos procesuais.

Condeno en custas os demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme e que contra ela non cabe ningún recurso».

E ao estar o demandado, Abel López Rodríguez, en ignorado paradoiro, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Sarria, 27 de novembro de 2012

A secretaria xudicial