Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade S. Coop. Galega de Traballo Asociado Tagen Ata Lingua e Comunicación.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade S. Coop. Galega de Traballo Asociado Tagen Ata Lingua e Comunicación, acordada na asemblea xeral do 6 de xullo de 2012, no Rexistro Central de Cooperativas. O seu novo domicilio social é na estrada da Gándara, 33-35, entresollado, concello de Narón, provincia da Coruña. Consta como novo capital social mínimo 10.000,00 €. Amplíase o seu obxecto social ás seguintes actividades económicas: formación, contidos, comunicación, servizos lingüísticos, servizos TIC e web e servizos de estudo e intervención social.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social