Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT, CT e RBT vivendas sociais no concello da Gudiña (expediente IN407A 2013/2-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT vivendas sociais.

Situación: A Gudiña.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 15 kV de 154 m con condutor RHZ1 e con orixe na LMT existente e remate no CT proxectado, prefabricado, manobra exterior A Gudiña, de 250 kVA, R/T 15000/400-230 V.

– RBT aerosubterránea, con 660 m en aéreo con condutor RZ e 232 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado A Gudiña.

– RBT aerosubterránea de 80 m en aéreo con condutor RZ e 215 m en subterráneo con condutor XZ1 derivado do CT existente A Gudiña I.

Orzamento: 101.812,81 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 10 de xaneiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense