Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3497

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2013, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011, modificada pola Orde do 12 de decembro de 2011, pola que se fan públicas as puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao terceiro exercicio da fase de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna.

En sesión que tivo lugar o 28 de xaneiro de 2013, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011 (DOG número 224, do 23 de novembro), modificada pola Orde do 12 de decembro de 2011 (DOG número 239, do 16 de decembro), convocados pola Orde do 27 de xullo de 2011 da Consellería de Facenda (DOG número 144, do 28 de xullo), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria

ACORDOU:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, e que se xuntan como anexo a esta resolución, no Diario Oficial de Galicia, na Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, superou o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, quen obtivo unha puntuación mínima de 10,00 puntos.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.2 os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas ás puntuacións no prazo de dez (10 ) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, consonte o previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013

Gerardo Pallares Sánchez
Presidente do tribunal

ANEXO

Puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, pola quenda de acceso libre

Apelidos e nome

DNI

Nota

Botana Soto, Sonia

32831441-E

7,00

Carrasco García, Laura

76723958-Y

4,30

Carreira Carral, Rocío

33537219-E

11,19

Curros Bermúdez, Rubén

78799042-F

15,88

Frade Fernández, Javier Serafín

47371746-A

5,55

Tobío Boquete, José Manuel

32837223-P

11,90

Varela Mariño, Manuel

32836193-J

7,73

Vidal Herrador, Juan

32664988-C

10,01

Vila Vilariño, María Isabel

32700628-X

7,23

Puntuación obtida pola aspirante presentada ao terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, pola quenda de promoción interna

Apelidos e nome

DNI

Nota

Rodríguez Carral, Rebeca

52483576-Z

7,00