Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2013, da Presidencia da Axencia Galega de Emerxencias, pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo de apoio loxístico á intervención nas emerxencias polo sistema de procedemento aberto, adxudicación baseada nunha pluralidade de criterios e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2) Enderezo: rúa Roma nº 25-27, 1º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 72 57.

5) Fax: 981 54 60 28.

6) Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18427

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.axega112.org

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o 18 de febreiro de 2013 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.13.SE.015.

2. Obxecto del contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de apoio loxístico á intervención nas emerxencias mediante a mobilización pola adxudicataria dos recursos especializados, propiedade da AXEGA, co fin de cubrir e/ou complementar as necesidades operativas dos distintos servizos de intervención directa na emerxencia, durante as 24 horas, todos os días do ano, en todo o territorio de Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: un ano desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura: CPA: 84.25.19. CPV: 752500000-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios a cuantificación dos cales depende de xuízos de valor. A pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 198.347,12 €, IVE excluído. Inclúe o orzamento de licitación e as eventuais prórrogas.

5. Orzamento base de licitación: 120.000,00 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas: provisional: 3 % do orzamento de licitación (IVE excluído): 2.975,20 €. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: si. Grupo U, subgrupo 7, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 17 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 18 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación dás ofertas: ata as 14.00 horas do día 18 de febreiro de 2013.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas, deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas, achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2. Enderezo: r/ Roma, 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no punto 1.c) 5) deste anuncio.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática, e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.

c) Domicilio: r/ Roma, 25-27, 3º andar, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data: a apertura do sobre B terá lugar en acto público o 22.2.2013 ás 12.00 horas. A apertura do sobre C terá lugar en acto publico o 28.2.2013 ás 12.00 horas. Calquera cambio nas datas e as horas comunicarase coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego ou castelán.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C.

No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2013

P.D. (Resolución do 9.1.2013)
Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias