Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación de acordo de procedencia de reintegro de axudas para a contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade, anexo C, reguladas na Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia núm. 63, do 2 de abril), relativa ao expediente TR347C 2008/4-1.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2013

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347C 2008/4-1.

Nome ou razón social: Formularios del Noroeste, S.A.

DNI/NIF: A15209307.

Último enderezo coñecido: estrada 550, km 9, Alvedro, 15180 Culleredo (A Coruña).

Tipo de axuda: contratación en prácticas

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.