Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2964

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre procedementos de avaliación ambiental (expedientes 39966/422, 39673/422, 39643/422 e 39746/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Marble And Quartzite España, S.L. Actividade: ampliación de licenza de actividade a resinado de chapa de granito e almacén de chapa de granito. Localización: estrada de Madrid, 210, nave 1. Expedientes: 77985/421 e 39966/422.

2. Solicitante: Cristina Leiro Fernández. Actividade: clínica veterinaria. Localización: rúa Cesáreo González, 27. Expedientes: 77497/421 e 39673/422.

3. Solicitante: Dis-Rivas, S.L. Actividade: almacenamento e distribución de artigos de limpeza. Localización: polígono de Seixiños, bloque 3, naves 13-14-15, Beade. Expedientes: 77460/421 e 39643/422.

4. Solicitante: Grupo Elgonsa Vigo, S.L. Actividade: concesionario, exposición e taller de motos. Localización: rúa Pateira, 24. Expedientes: 77654/421 e 39746/422.

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes están á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 8 de xaneiro de 2013

Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo