Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2960

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do SAU-1 das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Cangas, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de xaneiro de 2013, adoptou acordo de aprobación inicial da modificación puntual do SAU-1 das normas subsidiarias de planeamento municipal, de conformidade co procedemento establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e en cumprimento do disposto nos artigos 84 e 85 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos periódicos de maior difusión da provincia. Así mesmo, solicitarase das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios para a presentación de suxestións e reclamacións.

En virtude do disposto no artigo 77 da LOUGA, o dito acordo de aprobación inicial determina por si mesmo a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas nos ámbitos do territorio afectados pola modificación puntual do PXOM aprobada inicialmente, sen prexuízo da extinción anticipada como consecuencia da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM.

Cangas, 28 de xaneiro de 2013

José Enrique Sotelo Villar
Alcalde