Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2013 pola que se notifica a apertura dun período voluntario para ingreso da primeira multa coercitiva acordada no expediente 107B 2008/086-0, devolta polo servizo de correos por resultar descoñecido o enderezo do destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase a Manuel Castiñeiras Castromán a apertura dun período voluntario para o ingreso da primeira multa coercitiva acordada no expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2008/086-0, incoado polas obras consistentes en vertedura de entullos, almacenaxe de pedra e construción dunha cimentación de formigón armado no lugar dos Castelos, parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, provincia da Coruña.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O importe da multa deberá facerse efectivo no prazo establecido polo artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, mediante ingreso a favor da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística na conta restrinxida de multas e sancións (artigo 62.2 da Lei xeral tributaria: «se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte. Se a notificación se realiza entre os días 16 e o último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte»).

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística