Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2013, do Servizo de Turismo de Ourense, pola que se lles da audiencia aos interesados no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante visita da Inspección, o Servizo de Turismo, dependente da Secretaría Xeral, comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, este Servizo de Turismo acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel no Servizo de Turismo de Ourense.

Ourense, 18 de xaneiro de 2013

Manuela Penín López
Xefa do Servizo de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Café-Bar Bande.

Titular: José Rodríguez Veloso.

Enderezo: rúa Reza, nº 10.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Kebab Connection.

Titular: Khami Al Assali Mahda.

Enderezo: rúa Valle Inclán, nº 23, galerías loc. 4.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar La Tortillería.

Titular: Arcoxomar Hospel, S.L.

Enderezo: rúa Vicente Risco, nº 6.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Cabaña Latina.

Titular: Maribel Arcila Herrera.

Enderezo: rúa Greco, nº 10.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Jamones Javier Martínez.

Titular: Goldrigo, S.L.

Enderezo: rúa Progreso, nº 51.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Primera Fila.

Titular: Primera Fila, S.L.

Enderezo: rúa Pena Trevinca, nº 11.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Riazor.

Titular: Manuel García Quintas.

Enderezo: Urbanización Vista Hermosa, s/n.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Cruceiro.

Titular: José Ramón Dosil Martínez.

Enderezo: Vilar das Tres, nº 17.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Ábaco.

Titular: María Milagros Lorenzo Raigada.

Enderezo: rúa Río Salas, nº 5.

Concello: Xinzo de Limia.

Establecemento: Café-Bar O Navegante.

Titular: Rafael Penabad González.

Enderezo: rúa Leopoldo Álvarez, nº 9.

Concello: Xinzo de Limia.

Establecemento: Café-Bar San Roque.

Titular: Antonia Moyano Antón.

Enderezo: Santo Estevo de Ribas de Sil, s/n.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Establecemento: Café-Bar A Xironda.

Titular: Manuel Sergio Vaz Álvarez.

Enderezo: A Xironda.

Concello: Cualedro.

Establecemento: Casa de Turismo Rural O Priorato.

Titular: Lino Rubén Pérez Díaz.

Enderezo: Reza, s/n.

Concello: Arnoia.