Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2811

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gomesende

ANUNCIO de delimitación de solo de núcleo rural en Paredes de Poulo.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse ao público o expediente iniciado neste concello por instancia de José Alonso Domínguez, de delimitación do núcleo rural de Paredes de Poulo, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión no municipio, para os efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Gomesense, 3 de xaneiro de 2013

Pura Rodríguez Álvarez
Alcaldesa