Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2817

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria dun posto de coordinador/a xeral, mediante libre designación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 13, do 18 de xaneiro de 2013, publicáronse integramente a convocatoria e as bases, aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 51/2013, do 14 de xaneiro, e por unha corrección de erros publicada no BOP núm. 18, do 25 de xaneiro; para prover mediante libre designación:

– 1 posto de coordinador/a xeral.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles e iniciarase o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 25 de xaneiro de 2013

Ernesto Anido Varela
Alcalde