Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2743

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello Consultivo de Galicia.

De acordo co artigo 23 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, e cos artigos 68 e 69 do seu regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 282/2003, do 22 de maio; e de conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, este consello

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo I desta resolución.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario que reúna as condicións que para o posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Consello Consultivo de Galicia (rúa Algalia de Abaixo, 24, 2º andar, Santiago de Compostela) ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. De conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, será requisito indispensable ser funcionario/a da Administración da Xunta de Galicia.

Sexto. Esta convocatoria será resolta polo Consello Consello Consultivo de Galicia.

Sétimo. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Oitavo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que o novo destino, ou dun mes, de tratarse de distinta localidade ou se comporta o reingreso ao servizo activo; o prazo computarase desde o día seguinte ao do cesamento, que se efectuará dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de reingreso ao servizo activo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO I

Denominación: xefe/a de servizo de Xestión Económica e de Persoal e Habilitación.

Código do posto: CCG 031.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: xeral.

Tipo de posto: singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a persoal funcionario da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file
missing image file