Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 4 de decembro de 2012 relativa ao proxecto do parque eólico do Sobredo, no concello de Arbo, promovido por Parque Eólico O Sobredo, S.L.

Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no 4 de decembro de 2012, relativa ao proxecto do parque eólico do Sobredo, no concello de Arbo (Pontevedra), promovido por Parque Eólico O Sobredo, S.L., e que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos, e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo de San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas