Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Conservas Selectas de Galicia, S.L. para as instalacións que posúe no concello do Grove (clave M 2012/IPPC/M/124).

Segundo o que se indica no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, faise público que, por espazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de renovación da autorización ambiental integrada para as instalacións que Conservas Selectas de Galicia, S.L. posúe no concello do Grove (Pontevedra), a fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes. A documentación que se expón será:

– «Documento técnico para a renovación da autorización ambiental integrada das instalacións de Conservas Selectas de Galicia, S.L. O Grove (Pontevedra)».

O antedito documento estará á disposición dos interesados en horario de atención ao público nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental - Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º-4º. 36003 Pontevedra)

– Concello do Grove (praza do Corgo s/n; 36980 O Grove).

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental