Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2013, da Área Provincial de Ourense, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia da liquidación resultante da resolución dun contrato de arrendamento.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos por ignorarse o lugar da notificación, ao ter adxudicada a vivenda de promoción pública que ocupaba en alugueiro, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1 baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen que o interesado compareza, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 14 de xaneiro de 2013

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-2006-CH 01.

Interesada: Nelma de Araujo Brito Alfonso.

Vivenda obxecto do contrato de arrendamento: rúa Vilar, nº 12, 3º, Ourense.

Indicación do contrato que se notifica: notificación da contía exixible resultante da liquidación da resolución do contrato de arrendamento. Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non poderá interpoñerse ningún recurso.