Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2556

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11.1 da Lei 4.2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Traballo e Benestar durante o terceiro cuadrimestre do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2013

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO
Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2012

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación Provincial da Coruña para a posta en funcionamento dunha unidade de promoción e desenvolvemento (UPD).

Sufragar os custos salariais e de funcionamento da UPD.

28.9.12

97.359,28

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para a acreditación da formación impartida no proxecto do FSE Rede Xiana 2.

Acreditación da formación impartida pola Deputación Provincial da Coruña relativa a diversas especialidades vencelladas á obtención de novos certificados de profesionalidade.

20.9.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra para a acreditación da formación impartida pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do proxecto Aquelando 3.

Acreditación da formación impartida pola Deputación Provincial de Pontevedra relativa a diversas especialidades vencelladas á obtención de novos certificados de profesionalidade.

24.10.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a acreditación da formación impartida polo Concello no marco do proxecto Ourense Inserta cofinanciado polo FSE.

Acreditación da formación impartida polo Concello de Ourense relativa a diversas especialidades vencelladas á obtención de novos certificados de profesionalidade.

19.9.2012

0,00€

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Associaçâo de Municipios do Vale do Minho para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associaçâo de Municipios do Vale do Minho para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

5.12.2012

2.947,85

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Associaçâo Industrial do Minho para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associaçâo Industrial do Minho para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

5.12.2012

6.618,65

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Associaçâo Empresarial do Alto Tâmega para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associaçâo Empresarial do Alto Tâmega para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

5.12.2012

5.975,02

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

5.12.2012

32.870,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo para a realización das actividades de coordinación do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

5.12.2012

17.489,50

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación de Empresarios de Galicia para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

20.12.2012

34.430,95

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e as organización sindicais e empresariais no marco do proxecto Feag-Empreganav.

Actuacións iniciais do proxecto Feag-Empreganav.

26.12.2012

145.950,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, as centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores de Galicia, Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Confederación Intersindical Galega e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais.

Establecer as condicións para realizar as accións de información e formación en prevención de riscos laborais das/os delegadas/os de prevención, membros dos comités de seguridade e saúde, empresarias e empresarios que asumen persoalmente a organización preventiva, persoal traballador designado e, en xeral, os/as traballadores e empresarios/as de Galicia.

1.9.2012

300.000,00

Convenio coa Fundación Banesto Sociedad y Tecnología para o desenvolvemento do Programa Yuzz 2012-2013

Desenvolvemento entre xullo de 2012 e setembro de 2013 nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo do Programa Yuzz, programa formativo e de acompañamento, dirixido a mozos creativos de entre 18 e 30 anos que desenvolvan ideas e proxectos innovadores de base tecnolóxica e teñan interese en poñelos en práctica.

17.10.2012

40.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos Pía da Casca do CEIP As Mercedes, relativo á utilización das instalacións do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas.

Utilización gratuíta por parte da Asociación de Nais e Pais de Alumnos Pía da Casca do CEIP As Mercedes das instalacións do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, sita na cidade de Ourense.

27.9.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Gavela para o financiamento das actuacións de servizo de apoio e asistencia xurídica a persoas con enfermidade mental, aos seus familiares e/ou figuras de protección.

Contribuír ao financiamento das actividades que leva consigo o servizo de apoio e asistencia xurídica ás persoas con discapacidade por enfermidade mental, aos seus familiares e/ou figuras de protección.

27.09.2012

8.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Institucións para o Síndrome de Down (Down Galicia) para contribuír ao desenvolvemento de programas destinados ás persoas afectadas de síndrome de Down en situación de dependencia e ás súas familias.

Contribuír ao desenvolvemento de programas destinados as persoas afectadas de síndrome de Down en situación de dependencia e ás súas familias.

24.10.2012

137.000,00

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o comité de entidades representantes de persoas con discapacidade de Galicia para o apoio no mantemento das estruturas federativas e o desenvolvemento de actividades a prol das persoas con discapacidade.

Establecer as condicións polas que se rexerá nesta lexislatura a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o CERMI para o desenvolvemento de actuacións de apoio no mantemento das entidades federadas no CERMI e o desenvolvemento de programas para a atención das necesidades do colectivo de persoas con discapacidade.

15.12.2012

0,00

Acordo de modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización dos Prácticums en centros dependentes da consellería.

Mediante este acordo modifícanse as cláusulas do convenio de colaboración en que se fai referencia ás titulacións afectadas no programa de Prácticums desenvolvido coa Universidade de Santiago de Compostela, de xeito que se engada en cada unha delas a titulación de graduado/a en Traballo Social.

4.9.2012

0,00

Prórroga 2013 do convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña para a atención odontolóxica a menores.

Dar continuidade mediante prórroga para 2013 ao convenio de colaboración subscrito co Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, mediante o que se desenvolven medidas preventivas ou de tratamento que palíen na medida do posible a elevada porcentaxe de afeccións bucodentais dos menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia.

20.11.2012

0,00

Prórroga 2013 do convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, para a atención odontolóxica a menores.

Dar continuidade mediante prórroga para 2013 ao convenio de colaboración subscrito co Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, mediante o que se desenvolven medidas preventivas ou de tratamento que palíen na medida do posible a elevada porcentaxe de afeccións bucodentais dos menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia.

20.11.2012

0,00

Prórroga 2013 do convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da XI Rexión (Ourense-Pontevedra) para a atención odontolóxica a menores.

Dar continuidade mediante prórroga para 2013 ao convenio de colaboración subscrito co Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da XI Rexión (Ourense e Vigo), mediante o cal se desenvolven medidas preventivas ou de tratamento que palíen na medida do posible a elevada porcentaxe de afeccións bucodentais dos menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia.

20.11.2012

0,00

Prórroga 2013 do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación Provincial de Pontevedra, para a atención de menores no centro residencial Príncipe Felipe de Pontevedra.

Dar continuidade mediante prórroga para 2013 ao convenio de colaboración subscrito coa Deputación Provincial de Pontevedra para a atención residencial de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia no centro Cidade Infantil Príncipe Felipe, do que é titular a Deputación.

28.12.2012

745.548,96

Prórroga 2013 do convenio de colaboración coa Fundación Universidade da Coruña, para o desenvolvemento do programa Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo.

Dar continuidade mediante prórroga para 2013 ao convenio de colaboración subscrito coa Fundación Universidade da Coruña para a organización e realización do programa Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo desenvolvido pola Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) da Universidade da Coruña.

28.12.2012

120.000,00

Prórroga 2013 do convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación JuanSoñador para o desenvolvemento dos programas Na Rúa e Espabila.

Dar continuidade mediante prórroga para 2013 ao convenio de colaboración subscrito coa Fundación JuanSoñador para o desenvolvemento dos programas Na Rúa e Espabila, ambos destinados a menores en situación de risco e desprotección social.

28.12.2012

0,00

Prórroga 2013 do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Meniños para o desenvolvemento do programa de integración familiar.

Dar continuidade mediante prórroga para o 2013 ao convenio de colaboración subscrito coa Fundación Meniños para a execución do Programa de integración familiar PIF.

31.12.2012

380.000,00

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Ribeira para a ampliación da escola infantil 0-3 municipal.

Modificación das anualidades do financiamento das obras de ampliación da escola infantil 0-3 municipal.

2.12.2012

Ano 2012: 142.200,00

Ano 2013: 301.800,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Meniños para desenvolver un programa de orientación e mediación familiar.

Establecemento das condicións que rexerán a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Meniños para o desenvolvemento dun servizo de punto de encontro na cidade da Coruña.

31.12.2012

100.367,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación A Carón para desenvolver un programa de orientación e mediación familiar.

É obxecto do presente convenio establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación A Carón para o desenvolvemento dun servizo de punto de encontro na cidade de Ferrol.

31.12.2012

30.138,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Punto Cero para desenvolver un programa de orientación e mediación familiar.

Establecemento das condicións que rexerán a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Punto Cero para o desenvolvemento dun servizo de punto de encontro na cidade de Ourense.

31.12.2012

70.086,00

Modificación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria e da Consellería de Traballo e Benestar, o Concello de Cerceda e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a construción dun centro de día e residencial para persoas maiores dependentes.

Construción dun centro de día e residencial para persoas maiores dependentes.

12.9.2012

Redución de 208.269,75 € dos 300.000,00 € (crédito do ano 2012 que achegaba a consellería nun principio).

Crédito definitivo: 91.730,25 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, e o Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia acerca do Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais (SIUSS).

Habilitación, con carácter permanente, ao CODSTSG, para o desenvolvemento de todo tipo de actividades formativas sobre a utilización do programa informático SIUSS.

11.10.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Traballo e Benestar e a Entidade Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres para o desenvolvemento das distintas actuacións necesarias para a adquisición do Castelo de Pambre.

Regular a colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres para o financiamento da futura adquisición do Castelo do Pambre e das actividades realizadas pola entidade para a atención de persoas en situación de extrema precariedade económica.

28.12.2012

1.999.999,90