Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 42/2012).

A presente publicación anula a publicación realizada por erro no DOG núm. 6, do 9 de xaneiro de 2013, páxs. 848 e 849, referente a este mesmo expediente (IN407A 42/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificación recuamento LMT, CCTT no polígono de Formarís.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Recuamento do centro de transformación Granxa Deca (expediente 30.111) afectado pola construción do novo polígono da Sionlla-Formarís, consistente en:

Liña de media tensión aérea a 20 kV, ao CT rúa da Carballa e enlace coa derivación aos CCTT Opel e BMW (expediente IN407A 1998/122), no polígono de Costa Vella, coa instalación dun apoio metálico final de liña tipo C-18/2000 que substitúe o nº 4 existente da LMTA ao CT Granxa Deca (expediente 30.111) e dun apoio metálico final de liña tipo C-14/2000 en substitución do existente 3º da derivación existente ao CT Opel e BMW polígono da Costa Vella.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, ao CT rúa da Carballa, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,541 km, con condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1×150) mm2 Al, con orixe en paso aéreo-subterráneo no citado apoio metálico tipo C-18/2000, que substitúe o nº 4 existente da LMTA ao CT Granxa Deca (expediente 30.111) e final no paso aéreo-subterráneo no citado apoio metálico tipo C-14/2000 en substitución do existente 3º da derivación existente ao CT Opel e BMW, tras realizar entrada e saída nas celas de liña que se van instalar no CT rúa da Carballa proxectado.

Centro de transformación (CT) prefabricado rúa da Carballa, tipo 2L+1P, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, en substitución do actual CT Granxa Deca intemperie (expediente 30.111).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña