Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2013, da Xefatura da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa que figura no anexo para ser notificada por comparecencia no procedemento de adxudicación de vivendas de promoción pública (VPP) no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente C-2006/040 cta. 23).

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2013

Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: C-2006/040 conta 23.

Nome e apelidos: Rocío Gago Domínguez.

Último enderezo coñecido: r/ Cabanas, núm. 64-2º. As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Acto notificado: solicitud de documentación.