Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2461

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (536/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 536/2010, por instancia de Mutua Gallega contra Ausima, S.A., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre reintegro de prestacións, en que recaeu sentenza con data 31 de xullo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decisión:

En atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a empresa Ausima, S.A., o INSS e a TXSS, polo que debo declarar e declaro que:

– A empresa Ausima, S.A. é responsable directa e principal do aboamento de todas e cada unha das prestacións anticipadas pola mutua demandante ao traballador Ramón Vázquez Fraga polos accidentes de traballo padecidos.

– O INSS e a TXSS son responsables subsidiarios do aboamento das prestacións anticipadas pola mutua demandante ao traballador Ramón Vázquez Fraga polos accidentes de traballo padecidos.

E debo condenar e condeno a empresa Ausima, S.A., con carácter principal, e o INSS e a TXSS, con carácter subsidiario, a reintegrar á mutua demandante a cantidade de 3.680,53 euros, que a demandante xa anticipou en concepto de gastos de asistencia sanitaria e prestacións económicas de IT.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 15340000650536/10.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Ausima, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial
Rubricado