Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 27/10/01056 (Orde do 21 de decembro do 2009, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 27/10/01056 (Orde do 21 de decembro do 2009, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na dependencia da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización do prazo.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que coide conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

Francisco Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 27/10/01056.

Interesado: Ebilio Grandío Expósito.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Voz de Rei, 4, Lagoa, A Pastoriza, Lugo.