Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2439

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2012 pola que se realiza unha addenda e se prorroga a encomenda ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar das xestións para a construción de escolas infantís 0-3 nos concellos de Boiro, Burela, O Carballiño, Fene, A Laracha, Malpica, Marín, Moaña, Oza-Cesuras, Porto do Son, Redondela, Ribadeo, Verín, Tomiño e Vilagarcía de Arousa.

Coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia a addenda e prórroga da encomenda da Consellería de Traballo e Benestar ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar das xestións para a construción de escolas infantís 0-3 nos concellos de Boiro, Burela, O Carballiño, Fene, A Laracha, Malpica, Marín, Moaña, Oza-Cesuras, Porto do Son, Redondela, Ribadeo, Verín, Tomiño e Vilagarcía de Arousa, realizada mediante Resolución do 8 de agosto de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 175, do 13 de setembro).

Addenda: introdúcese unha nova redacción ao ordinal segundo, letra a), punto tres, da Resolución do 8 de agosto, que queda da seguinte forma: «O compromiso expreso do concello de subscribir un convenio de xestión, que non supoña incremento de gasto para a Xunta de Galicia, co obxecto de atender os gastos de funcionamento do equipamento unha vez construído».

Prazo de vixencia: prorrogase a vixencia establecida no ordinal sexto da Resolución do 8 de agosto, que se estende ata o 31 de decembro de 2013.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar