Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2415

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (IN519B).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 13.4 da Lei 47/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, no artigo 23 da Orde do 3 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (IN519B), e unha vez esgotado o período de vixencia para a listaxe de espera para potenciais beneficiarios, procédese por medio desta resolución á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria ao abeiro da dita orde.

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 3 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (IN519B).

b) Aplicación orzamentaria: 08.04.-732A.760.0.

c) Crédito orzamentario: 2.412.514,73 euros.

d) Destinatarios: concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Beneficiarios, importe e finalidade das axudas: no anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Subvencións concedidas

Solicitante

NIF

Expediente

Finalidade

Contía da axuda

Concello de Allariz

P3200200H

IN519B12-001

Mellorar a infraestrutura de distribución enerxía eléctrica

107.999,96

Concello de Ames

P1500200I

IN519B12-058

Reparación do piso de acceso ao polígono industrial do Milladoiro

48.636,10

Concello de Ames

P1500200I

IN519B12-057

Acondicionamento de acceso oeste á conexión As Galanas Pardiñas

120.000,00

Concello de Ames

P1500200I

IN519B12-036

Novo colector do polígono industrial do Milladoiro

40.377,77

Concello do Barco de Valdeorras

P3201000A

IN519B12-003

Mellora da eficiencia enerxética no P.I. do Barco de Valdeorras

73.734,13

Concello de Barreiros

P2700500H

IN519B12-049

Xestión de residuos mediante autocompactador de residuos para plásticos e cargador de cubos

24.383,52

Concello de Cambre

P1501700G

IN519B12-038

Saneamento nas rúas Isaac Peral e Zeppeling do polígono do Espírito Santo en Cambre

118.336,22

Concello do Carballiño

P3202000J

IN519B12-005

Proxecto de renovación de iluminación pública para o aforro enerxético no parque empresarial

98.959,11

Concello de Carballo

P1501900C

IN519B12-039

Tratamento de auga no P.I. de Bértoa

110.276,68

Concello de Castro de Rei

P2701000H

IN519B12-050

Xestión de residuos no P.I. de Castro de Ribeiras de Lea

25.785,46

Concello de Celanova

P3202500I

IN519B12-007

Renovación de iluminación pública no P.I de Celanova

15.908,99

Concello de Chantada

P2701600E

IN519B12-065

Pavimentación da vía de acceso ao parque empresarial Os Acivros

45.875,21

Concello do Corgo

P2701400J

IN519B12-030

Contrución dunha estación de tratamento das augas residuais pluviais

40.483,52

Concello de Fene

P1503600G

IN519B12-052

Xestión de residuos no P.I. de Vilar do Colo

5.386,46

Concello de Friol

P2702000G

IN519B12-009

Aforro enerxético e eficiencia enerxética con fotovoltaica no P.I. de Friol

98.248,32

Concello de Guitiriz

P2702200C

IN519B12-032

Mellora da eficiencia depuradora das augas residuais no P.I de Guitiriz

26.227,21

Concello de Monforte de Lemos

P2703100D

IN519B12-053

Acondicionamento de capacidade de xestión de lodos procedentes da EDARI do PI de Reboredo

120.000,00

Concello de Negreira

P1505700C

IN519B12-044

Colectores (execución duna liña de saneamento) no parque empresarial de Negreira

96.157,63

Concello de Oleiros

P1505900I

IN519B12-015

Aforro de eficiencia enerxética no parque empresarial de Iñás

75.909,36

Concello de Ordes

P1506000G

IN519B12-075

Vías de acceso a parques empresariais no P.I. de Ordes

119.955,11

Concello de Paradela

P2704200A

IN519B12-033

Novas estacións de depuración de augas no P.I. de Paradela

107.974,44

Concello de Pontedeva

P3206500E

IN519B12-034

Planta de depuración de augas no p.I. de Trado

111.233,22

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

IN519B12-017

Dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía no P.I. dos Airíos

44.852,93

Concello do Porriño

P3603900F

IN519B12-045

Colectores con vertedura á depuradora municipal no polígono industrial A Casilla-Atios

112.297,94

Concello de Ribadeo

P2705100B

IN519B12-102

Instalación de sistemas de vixilancia no P.I. de Ribadeo

19.360,80

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B12-106

Ampliación de CCTV e implementación de lectura automática de matrículas no polígono de Barreiros

58.183,25

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B12-105

Sistema de televixilancia no polígono industrial de San Cibrao das Viñas

110.572,58

Concello de Santa Comba

P1507800I

IN519B12-083

Vías de acceso a parques empresariais: mellora de accesos ao polígono industrial de Santa Comba

32.603,89

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

IN519B12-055

Xestión de residuos no polígono do Tambre

62.010,94

Concello de Sarria

P2705700I

IN519B12-020

Aforro enerxético mediante sistema intelixente de iluminación con tecnoloxía led, polígono de Morelle

17.795,48

Concello de Sarria

P2705700I

IN519B12-084

Mellora nas vías de acceso ao parque empresarial de Morelle

84.389,21

Concello de Silleda

P3605200I

IN519B12-110

Instalación do sistema de seguranza e vixilancia: cámaras de vixilancia

26.005,19

Concello de Vilalba

P2706500B

IN519B12-087

Proxecto de mellora de vías de acceso ao pol. ind. das Sete Pontes

52.249,72

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

IN519B12-024

Dotación de servizos de subministración de enerxía eléctrica no P.I. de Santa Marta

71.990,08

Concello de Vimianzo

P1509300H

IN519B12-025

Mellora de aforro enerxético no parque empresarial de Vimianzo

17.255,38

Concello de Xermade

P2702100E

IN519B12-026

Proxecto de iluminación led para o parque empresarial de Xermade

13.066,20

Concello de Xinzo de Limia

P3203300C

IN519B12-027

Adaptación de luminarias á tecnoloxía led no polígono de Xinzo

58.032,72