Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2300

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2012 pola que se publica a modificación da Resolución do 15 de outubro de 2010, de publicación do plan de estudos de graduado/a en Educación Infantil.

Unha vez obtida a verificación da ampliación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANACA), esta reitoría

RESOLVE:

Publicar a modificación da Resolución do 15 de outubro de 2010 (BOE do 3 de novembro), pola que se publicou o plan de estudos conducente á obtención do título de graduado ou graduada en Educación Infantil pola Universidade de Vigo para os centros propios da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense e da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, para incluír a organización temporal do plan de estudos que vai seguir o alumnado da Escola Universitaria de Profesorado de Educación Xeral Básica María Sedes Sapientiae de Vigo (centro adscrito), que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 12 de decembro de 2012

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Resolución do 12 de decembro de 2012 pola que se publica a modificación da Resolución do 15 de outubro de 2010, de publicación do plan de estudos de graduado/a en Educación Infantil

Denominación do título: graduado ou graduada en Educación Infantil pola Universidade de Vigo.

Rama de coñecemento a que se adscribe o título (Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro): ciencias sociais e xurídicas.

Código da titulación: V51G11 Escola Universitaria de Profesorado de Educación Xeral Básica María Sedes Sapientiae (centro adscrito), Campus de Vigo.

Código RUCT: 2501120.

Organización temporal do plan de estudos de grao en Educación Infantil

Escola Universitaria de Profesorado de Educación Xeral Básica María Sedes Sapientiae (centro adscrito), Campus de Vigo

Os cursos primeiro, segundo e terceiro teñen a mesma organización temporal do plan de estudos publicado por Resolución do 15 de outubro de 2010 (BOE do 3 de novembro).

Curso

Sem.

Materia

Tipo

ECTS

Curso

Sem.

Materia

Tipo

ECTS

4

Anual

Prácticas externas: Practicum **

Ob

48

4

2

Traballo de fin de grao

Ob

6

** Para poder obter a mención, deberán cursarse cando menos 6 ECTS da parte específica do Practicum relacionada coa mención elixida.

Mención: profundización curricular, Campus de Vigo

3

2

Coñecemento do medio natural

Op

6

3

2

Ética e deontoloxía profesional

Op

6

3

2

Obradoiro de creatividade artística

Op

6

3

2

Xeografía para mestres

Op

6

4

1

Didáctica da relixión católica

Op

6

4

1

Didáctica das matemáticas para a educación infantil

Op

6

4

1

Xogo na educación infantil

Op

6

Optatividade: a escoller un total de catro (24 ECTS) dunha oferta de sete materias (42 ECTS).

Sem.: semestre.

FB

Formación básica

OB

Obrigatoria

OP

Optativa

Organización da oferta de créditos ECTS do plan de estudos por módulos e materias

de grao en Educación Infantil

Escola Universitaria de Profesorado de Educación Xeral Básica María Sedes Sapientiae (centro adscrito), Campus de Vigo

Módulo

ECTS

Materias

ECTS

Distribución

Procesos educativos, aprendizaxe
e desenvolvemento da personalidade

24

24

24 formación básica

Dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento

12

12

12 formación básica

Sociedade, familia e escola

42

42

30 formación básica e 12 optativos

Infancia, saúde e alimentación

12

12

12 formación básica

Organización do espazo escolar, materiais e habilidades docentes

12

12

12 formación básica

Observación sistemática e análise de contextos

6

6

6 formación básica

A escola de educación infantil

6

6

6 formación básica

Aprendizaxe das ciencias da natureza, das ciencias sociais e da matemática

36

36

18 obrigatorios e 18 optativos

Aprendizaxe de linguas e lectoescritura

24

24

24 obrigatorios

Música, expresión plástica e corporal

30

30

18 obrigatorios e 12 optativos

Practicum

48

Prácticas externas: Practicum

48

48 obrigatorios

Traballo de fin de grao

6

Traballo de fin de grao

6

6 obrigatorios

Oferta total ECTS

258

258