Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra pública hidráulica que se cita.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola Presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de:

http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: negociado sen publicidade, cun único criterio de valoración (prezo).

2. Obxecto do contrato: obras.

Descrición: melloras ambientais no encoro de Lourenzá. Lourenzá (Lugo).

Número de expediente: OH.127.632.

CPV (referencia de nomenclatura): 45252124-3.

Medio e data de publicación da licitación: sen publicidade.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 199.994,81 euros. Importe total: 241.993,72 euros.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Data de adxudicación: 19 de decembro de 2012.

Importe de adxudicación:

Importe neto: 198.093,12 euros. Importe total: 239.692,68 euros.

Data de formalización do contrato: 28 de decembro de 2012.

Contratista: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

3. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foilles debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia