Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2391

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/25/12).

Denat 2007, S.L. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado á fabricación de compoñentes para automoción, que se situará no polígono Industrial Prado-Budiño, parcela R-8, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo –que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/25/12, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se coiden oportunas.

O Porriño, 10 de decembro de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde