Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2389

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de expropiación de parte da parcela 2559 do polígono catastral 501.

Exponse ao público, por prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de expropiación de parte da parcela 2559 do polígono 501 do plano catastral do termo municipal de Oroso (referencia catastral 15061A501025590000MR), situada no lugar de Vilalbarro, na estrada que une os núcleos rurais de Valverde (Vilarromariz) e O Cruceiro (Oroso), facendo esquina coa estrada que une os núcleos rurais do Cruceiro (Oroso) cos Mariñaos (Oroso).

Exprópianse: no lado norte da parcela, lindando coa estrada que une os núcleos rurais de Valverde (Vilarromariz) e O Cruceiro (Oroso), que o PXOM clasifica como solo rústico de protección ordinaria e solo rústico de protección de infraestrutura, 72 m2, que o PXOM cualifica como sistema xeral viario de titularidade pública.

Faise público para que, conforme o artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, aqueles que poidan resultar interesados formulen as alegacións e reclamacións que coiden convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Oroso, 19 de decembro de 2012

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde