Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2324

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (926/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 926/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Osorio-Méndez, C.B. sobre reclamación de cantidade, se ditou a sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que, aceptando a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción contra a demandada Osorio Méndez, C.B., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 49,55 euros en concepto de achegas impagadas no período de xaneiro de 2006 a decembro de 2009, cantidade que se incrementará co xuro de demora do 20 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, comunicándolles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que lle sirva de notificación en forma a Osorio-Méndez, C.B., en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto.

Lugo, 8 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial