Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2013 polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RRD-PU/311/12.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo de este anuncio a resolución do recurso de alzada RRD-PU/311/12.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria, situadas na rúa Irmandiños, s/n, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación da resolución entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2013

José Álvarez Robledo
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: RRD-PU/311/12.

Interesado: Eliseo Vidal Monteseirín.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: Cartea, Os Vaos, núm. 3, 27244 Ribeira de Piquín (Lugo).