Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 2012/233-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Visecorsa, S.L.

Domicilio social: parroquia de Cortiñán, 1, parc. F-15. 15165 Bergondo.

Denominación: liña MT soterrada e CT para est. fabricación de Pellets.

Situación: km 580 da estrada nacional VI. Betanzos.

Características técnicas: liña media tension soterrada de 357 metros, con inicio en apoio 12/2A nº B da LMTA BEG707 propiedade de Unión Fenosa Distribución e remate en CT novo establecemento. Condutor RHZ1 12/20kV-3*240 mm2 Al. Centro de transformación en edificio non prefabricado, celas de liña, protección e medida e cela de reserva. Transformador 15/0,4-0,23, 160 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 18 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña