Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2012/200-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Odeon Shopping, S.L.

Domicilio social: Comandante Azcárraga, 3, 28016 Madrid.

Denominación: LMT soterrada para acometer en anel a CS e CT de 1.000 kVA.

Situación: C.C. Dolce Vita - Odeon, Narón.

Características técnicas: LMT soterrada de 16 m de lonxitude en cable 12/20 kV, 1*240 mm2 Al, para acometer en anel a CS e CT de 1.000 kVA, en caseta prefabricada de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Vicente Ferrer, 2, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

A Coruña, 13 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña