Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente LU-RES 2012/039 e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada por dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 28 de decembro de 2012

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2012/039.

Interesado: Emilio Fernández Abelaira.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Órgano emisor: xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Expediente: LU-RES 2012/051.

Interesada: Marian Cosmin Sali.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Órgano emisor: instrutora do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2012/068.

Interesados: Nicolae Danut Plesca e Sergiu Constantin Plesca.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Órgano emisor: xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Expediente: LU-RES 2012/070.

Interesados: Dimitru Lefter e Petrica Sali.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Órgano emisor: xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.