Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2263

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

ANUNCIO polo que se fai pública á resolución da Xerencia pola que se acorda resolver o contrato da obra de construción dun centro de día para 40 usuarios no concello da Pobra do Caramiñal.

Esta xerencia acordou resolver, polas causas de resolución previstas na cláusula 20.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e no artigo 206.d) da LCSP, o contrato da obra de construción dun centro de día para 40 usuarios no concello da Pobra do Caramiñal, expediente nº cgsib/obr/008/11, formalizado coa mercantil Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.

Contra a dita resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

O texto íntegro da resolución pódese consultar no perfil de contratante deste consorcio no enlace www.igualdadebenestar.org.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2013

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar