Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2142

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a incentivar o turismo activo, actividades de lecer e tempo libre, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG núm. 107, do 6 de xuño de 2012), modificada pola Resolución do 23 de outubro de 2012 (DOG núm. 207, do 30 de outubro).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 04.80.761A.770.0, código do proxecto 2007 00372, ao abeiro da Resolución do 4 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a incentivar o turismo activo, actividades de lecer e tempo libre, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. Estas subvencións están cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do programa operativo do Feder de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 161 PO 005, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 30 de novembro de 2007.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG nº 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación

ANEXO

Subvencións destinadas a incentivar o turismo activo, actividades de lecer e tempo libre:

Beneficiario

Liña/s

Descrición da actuación

Importe da subvención

Real Aero Club de Santiago, S.A.

B

Compra de material de campo de golf

3.604,59 €

C

Xestión do Real Aero Club de Santiago on line

2.520,10 €

Cataventos Escola de Vela, S.L.N.E.

B

Adquisición e renovación de material

4.370,17 €

Ferrolterra Gestión Deportiva, S.L.

B

Mellora e ampliación de material

1.955,14 €

Juan Manuel Couto Lodeiro (Tour-Bike)

B

Compra de material (alugamento de bicicletas eléctricas en casas de turismo rural)

8.710,48 €

C

Plataforma web para rutas en bicicleta

863,04 €

Roq Sport Viveiro, S.L.

B

Compra de material

2.164,64 €

Hola ola Ribadeo, S.L.U.

B

Compra de material: surf e canoas

3.524,04 €

Asociación Cultural y de Promoción Turística Cohors III Lucensium

C

Creación de novas ofertas de produtos turísticos

10.120,00 €

Vida Láctea, S.L.U.

B

Compra de material náutico para río e mar

1.347,50 €

Capitol Chantada, S.L.

B

Adquisición de material para práctica de actividades deportivas e de lecer

2.434,58 €

C

Gastos promoción, difusión e ferramentas web

373,95 €

Montealegre Club de Golf, S.A.

A

Construción de dúas canchas de paddel

12.068,11 €

Manzaneda Estación Invernal, S.A.

A

Nova Manzaneda

193.451,82 €

B

Adquisición e renovación de material: sendeirismo, golf, BTT e actividades complementarias

59.792 €

C

Creación de novas ofertas e promoción na web

9.385,28€

Cerdeira Turismo e Ambiente, L.D.A.

B

Investimento para adquisición e renovación de material

8.080,29 €

Piragüilla, S.C.

B

Compra de material

681,75 €

C

Gastos de promoción

135,00 €

Club Náutico de Portonovo

C

Creación de novas ofertas on line para a promoción e a comercialización

496,80 €

A

Proxecto de mellora de servizos complementarios e de seguridade ao turismo náutico

54.874,73 €

Alejandro Magariños Iglesias (Baudea Aventura)

B

Compra de material

578,60 €

C

Publicidade na internet

88,00 €

Verdeazul Aventuras-Equipamientos y Servicios Deportivos Nauticalia, S.L.

B

Equipamento para rafting

594,00 €

Top-Nautic Yacht, S.L.

B

Adquisición de embarcación

30.000,00 €

Monte Real Club de Yates

A

Ampliación de terraza muralla e adquisición rampla vela accesible

42.911,00 €

C

Aplicación de xestión de reservas on line e material publicitario

2.149,22 €

B

Adquisición de equipamento para saídas a vela

10.916,72 €

Bigsur Escuela, S.L.

B

Ensino e perfeccionamento de deportes náuticos

4.702,50 €

Monkey Sup Experience, S.L.

B

Escola e realización de expedientes náuticos

4.679,40 €

María Elena Agra Fernández

A

Mellora de infraestruturas para o desenvolvemento de actividades hípicas

5.952,68 €

B

Adquisición e renovación de material para a práctica de actividades hípicas

2.191,20 €

Oftefor, C.B.

B

Rutas turísticas: material

4.239,68 €

C

Rutas turísticas: promoción

1.601,87 €

Asociación Sodináutica

B

Substitución motor e adquisición de embarcación

6.891,48 €

Desafio Ocio, S.C.

A

Almacén e vestiarios turismo activo

11.750,46 €

B

Compra de material

1.034,32 €

Estela, Loxística e Proxectos, S.L.

C

Creación ferramenta web

132,00 €

Limens Beach, S.L.

B

Adquisición equipamento

9.232,00 €

Patos Beach, S.L.

B

Adquisición de material

10.155,20 €

Ladeira Beach, S.L.

B

Adquisición material

9.232,00 €