Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lle notifica ao interesado a resolución de baixa no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras dunha explotación porcina con código ES270550066401.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, 70, baixo 1º.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 11 de xaneiro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: baixa de explotación no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

Interesado: Eduardo López Iglesias.

DNI: 34257168.

Acto notificado: baixa.