Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 2016

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación do servizo de impartición da formación teórica e transversal de determinados cursos no marco do proxecto Ourense Inserta, cofinanciado polo Concello de Ourense e o Fondo Social Europeo.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: referencia 2246.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de impartición da formación teórica e transversal de determinados cursos no marco do proxecto Ourense Inserta, cofinanciado polo Concello de Ourense e o Fondo Social Europeo.

c) División por lotes e número de lotes: 4 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

e) Prazo de execución/entrega: durante o ano 2013.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 80522000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 75 puntos.

– Contidos e metodoloxía: 10 puntos.

– Adecuación das instalacións destinadas á realización da fase teórica: 5 puntos.

– Melloras: 4 puntos.

– Cronograma de execución: 3 puntos.

– Material didáctico para entregar aos alumnos: 3 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 172.000 euros (exento de IVE). Desagregado do seguinte modo:

– Lote 1. Curso de atención sociosanitaria a persoas en domicilio: 2 cursos por importe de 24.000 € c/u, dando un importe total de 48.000 euros (exento de IVE).

– Lote 2. Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 2 cursos por importe de 20.000 € c/u, dando un importe total de 40.000 euros (exento de IVE).

– Lote 3. Curso de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes: 2 cursos por importe de 22.000 € c/u, dando un importe total de 44.000 euros (exento de IVE).

– Lote 4. Curso de xestión de residuos urbanos e industriais: 2 cursos por importe de 20.000 € c/u, dando un importe total de 40.000 euros (exento de IVE).

5. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do prezo total do contrato, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se establece no artigo 12.4 do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica: a que se establece no artigo 12.5 do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG, e ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 13 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 2 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios do Concello.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 14 de xaneiro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde